viernes, 30 de diciembre de 2011

Os Aloitadores de Sabucedo coidan a tradición

En Sabucedo, ser aloitador é unha profesión, unha profesión de paixón e para toda a vida.
Os aloitadores empezan de nenos, os oito anos, cando seu pai o baixa o curro para que poida tocar as bestas; de mozo e adulto aloita, e cando xa é avó, apoiándose na vara, volve o curro para darlle consellos o neto. Así de xeneración en xeneración.
Antes, os nenos iniciábanse levando as canastras para a recollida das sedas, que se vendían, agora como as sedas se deixan na area, os nenos empezan agarrando os poldros polas orellas e o pescozo para levalos o poldreiro.
Xa apartados os poldros, os aloitadores de costas a parede, en equipos de tres, coa mirada tensa e escrutadora, van quecendo o ritmo das nerviosas pernas; cando un está quente elixe a besta, os compañeiros dan a sua aprobación, correndo voa sobre as ancas da besta, cae e aperta os xeonxos nos lombos, coa man dereita agarra as crinas e coa esquerda azouta o vento para dirixir a besta, o segundo compañeiro, corre para agarrarse a cabeza e o terceiro, coas dúas mans aferra o rabo con fortes meneos.
A besta mostra unha reacción emocional de nervios, tremenlle os músculos, e co corpo todo enervado resístese a ser conducida, resolla por non poder atopar unha saída, pero sigue pelexando.
Decía Horacio, no século III, que antigamente nos sacrificios relixiosos os guerreiros bebían a sangre dos cabalos para apoderarse da súa forza.
Hoxe, os aloitadores, valentes e nobres miden as súas forzas e habilidades coas habilidades e forzas da besta, latido con latido, arquexo con arquexo, pel con pel, suor con suor.
Pero son as técnicas as que van a dominar a besta, técnicas aplicadas con precisión simultánea ou combinada; son as que terminan ou; coa besta inmobilizada por dous, doblado o pescozo, cruzando os brazos de orellla a mándibula tapando os ollos, e cravando os pés na area, mentras o terceiro retorce o rabo para espallar a forza da besta, ou; terminando os catro tirados na area, dous suxeitando a cabeza e o terceiro tirando do rabo e apartándose das patas para evitar as couces.
Están rapando a besta, si hai pausa, hai vixilia para coidar de que non se escape ou se levante; vaise liberando o esforzo, co suor, polbo ou barro; xa rapada a besta, sóltanna e despídenna con unha cariñosa palmada e os tres fúndense nunha aperta con un sorrriso de satisfacción e felicitación compartida mentras a besta vai a xuntarse coas outras mira de estallo os aloitadores e frunce o fuciño descubrindo os dentes, porque xa está libre, libre ata a rapa que ven....é así , dende o ano 1682.
Os aloitadores son os depositarios, os propietarios e os promotores dun orgullo cultural que teñen que coidar e transmitir as futuras xeneracións. Grazas aloitadores
Pepe do Campo

A José do Campo, meu avó

Despertábame todos os días, un rincho; debaixo do meu cuarto, estaba a corte da besta. Un día soupen que nacera naquél cuarto.
Meu avó levábame na besta cando iba coas vacas, e íbame deixando, pouco a pouco as rendas. De volta, eu viña montado na besta e meu avó a pé, coa su vara. Un día díxome: Pepe : vai, pola besta as Lobageiras. Salín o trote e excitado, saltei a veiga; saludei e acariciei a besta, e montei. Cando saimos da veiga, miroume de reollo e con sonriso, empezou un vigoroso trote, e xa a galope, rachaba o vento e parecía que se lle iban inchando as ás. Cando cheguei a casa, estaba enchido, era outro, medrara.
Na festa da rapa, o día da baixa, subín por primeira vez o Cávado, o monte mais alto e onde corrian as bestas mais veloces. Estábamos reventados de perseguilas, monte parriba, monte pabaixo, tropezando nas pedras e afundndonos nos toxos. Cando cheguei a cima, pareime quieto e pasmado: a esquerda a ria de Pontevedra e a dereita a ría de Arosa: o mar. E eu, no medio do vento.
Lembreime da miña besta cando corría e mirei como as bestas do Cavado escapaban como raios polas ladeiras dos aguillons: era o vento do oeste, o do mar o que lle daba ás.
Despois leín que xa escibira o historiador Plinio, alá no ano 77, “ na Galicia, parece que a velocidade con que corren as bestas e porque son fecundadas polo vento do oeste.
A cada quen o seu,Plinio escribeuno, eu vivíno. ¡O vento do mar para todalas terras, pras terras de todos¡
Pepe do Campo
(Publicado en Terragrafías, 2009, Anxo Cabada)